FEDERACIÓN GALEGA DE VELA

miércoles, diciembre 15, 2010

3ª CONCENTRACIÓN DE 49ER CO ADESTRADOR HOLANDÉS PIM NIEUWENHUIS NO CGV.

Participantes do adestramento de 49er con Pim (1º esquerda) e o adestrador da FGV Pepe Lis.

O derradeiro adestramento do ano para a clase 49er no Centro Galego de Vela comenzou o pasado domingo 12 de decembro e prolongarase ata o martes 21. As tres tripulacións que colaboran na fase de pretempada 2011 continúan co seu traballo en Vilagarcía con dúas sesións diarias de auga e posterior reunión nas aulas do CGV para visualizar os vídeos, comentar a xornada de adestramentos e sacar as conclusións pertinentes.
Para esta concentración cóntase coa participación do adestrador PIM NIEUWENHUIS, regatista holandés das clases Tornado e 49er. Pim conta cunha longa experiencia na vela de alto nivel, partipando nos Xogos Olímpicos de Pekín 2008 xunto con Micth Booth acadando o 5º posto, ademáis de ter competido no 49er antes do seu paso ó Tornado.
Os irmáns Paz do Liceo Casino de Vilagarcía, os alemáns irmáns Rieger e os belgas Lefebvre-Janssens están a ter moi boas condicións neste adestramento previo ás vacacións de Nadal con ventos entre 12 e 20 nós do NE e temperaturas agradables na ría de Arousa tódolos días. Principalmente estáse a traballar en aspectos técnicos e maniobras, sen esquecerse da posta a punto e trimado dos barcos.
Hoxe mércores 15 e venres 17 contaremos coa participación nos adestramentos das novas incorporacións ó 49er Nico Rodríguez (RCN Vigo) e Sergio Crespo (LC Vilagarcía), alternando os seus estudios en Santiago de Compostela cos adestramentos no CGV de Vilagarcía.
Despois do merecido descanso navideño continuarán as concentracións de 49er no CGV de cara as competicións do 2011 que comezan na 1ª semana de marzo coa Carnaval Race en Cádiz.

martes, diciembre 07, 2010

FOTOS DA SELECCIÓN GALEGA NOVACAIXAGALICIA DE 470 NA SEMANA OLÍMPICA CANARIA

César Conde do Liceo Casino de Vilagacía compite xunto co balear Maciá Alemany na Semana Olímpica Canaria, sitúanse na décimoterceira posición despois de dous días de regata e 3 probas contabilizadas.
Andrés e Rafael Jiménez ( RCN Vigo/CN Rodeira Cangas) participan na súa segunda competición oficial da clase 470 despois dun intenso ano de adestramentos no Centro Galego de Vela.
Saída dos 470s no primeiro día de competición onde rexistráronse refachos de 28 nós.

domingo, diciembre 05, 2010

Os galegos aférranse á metade da táboa na XII Semana Olímpica Canaria de Vela


Ata 30 nós de vento impiden o arranque do Campionato de España de Láser na localidade xerundense de Roses

Domingo, 5 de decembro 2010. - Bo arranque da XII Semana Olímpica Canaria de Vela "Trofeo El Corte Inglés", organizada polo Real Club Náutico de Gran Canaria manterá en competición ás unidades ata o próximo 8 de decembro e conta cunha forte representación galega. A cita encóntrase incluída no calendario da Real Federación Española de Vela e Federación Internacional que lle outorga o Grao 3 e que conta con cinco modalidades de clases olímpicas e dúas clases internacionais en calidade de convidadas. 470 masculino, 470 feminino, Láser Estandar, Láser Radial Feminino e RSX Juvenil, Copa de España. O panel de convidados complétano a Formula 18 e a Clase Láser Radial Masculino.
Así, en 470 tras completar dúas mangas César Conde, do Liceo Casino de Vilagarcía, que compite xunto ao balear Maciá Alemany, sitúase na décima praza con 22 puntos mentres que os irmáns Rafael e Andrés Jiménez, do Real Club Náutico de Vigo e Naútico de Cangas, suman 36 e ocupan a décimo sétima da categoría liderado por gregos Panagiotis Mantis e Pavlos Kagialis. Xa en Fórmula 18, de entre os galegos só lograron completar a única proba disputada os irmáns Santiago e Sebastián Estevéz, do Club Vela Playa del Bao, que van novenos na clasificación provisional xeral, que lideran os británicos Willian Sunnuchs e Oli Egan. Os outros dous equipos en liza, os formados por Manolo García e Alexis Parcerisa, baixo a mesma grímpola que os anteriores, e Chisco Catalán e José Quiñones, do Real Club Náutico de Sanxenxo, non chegaron a rematar a tempo polas duras inclemencias meteorolóxicas. En palabras de Manolo García, un dos patróns galegos da expedición a Canarias, "as condicións son duras, envorcamos case todos, con picas de 25 nós complicouse moito a competición e a intensidade era moi variable segundo as zonas do campo de regatas co que non puidemos facer nada por rematar en tempo".
Por último, a representante galega da clase olímpica de Láser Radial Feminino, Beatriz Lence, do Club Marítimo de Canido, tivo que abandonar a competición por problemas de saúde que lle obrigaron a volver á casa, mentres que na categoría invitada masculina Miguel Lorenzo García Lastra, de Sanxenxo, asinou un undécimo con claras posibilidades de recortar posicións nas próximas xornadas. Esta última queda liderada polo español Eduardo Pérez de Ascanio.

Campionato de España de Láser

Pola contra, as unidades que hoxe comezaban a competir polo Campionato de España de Láser que ata o próximo mércores se celebra na localidade catalá de Roses quedaron en terra tras varias probas na auga cun envorcado masivo das embarcacións. Os 30 nós de vento no campo de regatas impediron que se puidesen celebrar as probas previstas para esta xornada inaugural que quedou anulada á espera de que baixe a intensidade e mañá se poida retomar a cita nacional. Ata Xirona están desprazados varios equipos da Selección galega Novacaixagalicia integrados por Miguel Lence, Alberto Basadre e Álvaro Lence, do Club Marítimo de Canido; e Sergio Rodríguez, do Real Club Mar de Aguete, todos eles con moitas posibilidades de acceder ao podio.

viernes, diciembre 03, 2010

CONTINÚAN OS ADESTRAMENTOS DE 49ER NO CGV. OS IRMÁNS ALONSO SÚMANSE Ó GRUPO.

Condición de frío extremo e néboas matinais na Ría de Arousa.

Os adestramentos de pretempada da clase 49er continúan no Centro Galego de Vela esta semana con uns sparrings de luxo como son os membros do Equipo Preolímpico Español, os irmáns asturianos Federico e Arturo Alonso.
Os regatistas do Liceo Casino de Vilagarcía Carlos e Antón Paz proseguen coa súa preparación de cara á Selección do Equipo Preolímpico Español da clase 49er. Dende o pasado mes de novembro contan coa participación de dous tripulacións extranxeiras, os irmásn Max e Moritz Rieger e os belgas Yannick Lefebvre e Mattieu Janssens. A éstes súmanse or irmáns Alonso durante a Ponte da Constitución, quenes se desplazaron dende Santander ata Vilagarcía para adestrarse co grupo de traballo do Centro Galego de Vela.
Condicións extremas de frío na ría arousa que obriga ós equipos a adestrarse en dúas sesións, mañá e tarde. Os adestramentos están dirixidos polo Equipo Técnico da FGV con Pepe Lis ó frente.

jueves, diciembre 02, 2010

A Selección Galega NOVACAIXAGALICIA, preparada para o Campionato de España de Laser 4.7



Xoves, 2 de decembro de 2010. - O equipo da selección galega Novacaixagalicia puxo rumbo a Girona onde dende o próximo domingo e ata o mércores 8 de decembro se celebrará o Campionato de España de Láser na localidade catalá de Roses.
Catro días de intensa competición coa xornada do sábado dedicada a medición no que os catro patróns galegos parten con moitas posibilidades. Entre eles, Miguel Lence, Alberto Basadre, Álvaro Lence e Sergio Rodríguez. A destacar que estes tres últimos se enfrontan ao seu primeiro Campionato de España na categoría, coas expectativas moi altas, mentres que o primeiro Miguel Lence, recoñecido fai escasos días polo Consello Superior de Deportes e a Real Federación Española de Vela, como deportista de alto rendemento, intentará clasificarse para formar parte do equipo nacional da clase.
En canto ás previsións meteorolóxicas espérase moito vento para as dúas primeiras xornadas, cunha forte baixada de intensidade para martes e mércores que podería cambiar en función de como derive a fronte que afecta á Península.

jueves, noviembre 25, 2010

FINALIZA O 1º SEMINARIO DE ADESTRADORES 2010.

Exemplo da Técnica de Facer Banda

Onte rematou o Seminario de Adestradores de Equipos de Regata de Galicia organizado pola Federación Galega de Vela no Centro Galego de Vilagarcía. Un total de 30 adestradores de 16 clubes galegos asistiron o curso, que foi repartido en 3 xornadas. A estructura do curso foi a seguinte:
- Mércores 10 Novembro: Pautas de Adestramentos.
- Mércores 17 Novembro: Pautas de Competición.
- Mércores 24 Novembro: Técnica e Posta a Punto clases estratéxicas.

O obxetivo principal do curso foi a posta en común de pautas de adestramento ( metodoloxía, sinais visuais e fónicas, estructura de adestramentos, medios materiais ), de competición ( metodoloxía, rutinas, etc.) e técnica e posta a punto do Optimist, Laser e 420.

O curso estivo impartido polo Equipo Técnico da FGV ( Alberto García, Pepe Lis e Jaime García) coa principal misión de preparar e contrastar cos adestradores dos clubes galegos unha estratexia común á hora de adestrar ós rapaces das distintas clases.

Tódolos adestradores coincidiron en que foron unhas xornadas moi productivas que terán continuidade ó longo do ano, tocando distintos aspectos da preparación dos deportistas ( táctica, regulamento, preparación física,etc.)

Moitas gracias a todos pola boa acollida do Seminario e contamos con todos vós para seguir a liña ascendente da Vela Galega.

Saúdos.
Equipo Técnico FGV.

viernes, noviembre 19, 2010

NICO E SERGIO ESTRÉANSE NO 49ER. MANU JIMÉNEZ AXUDA NO 1º DÍA.



Hoxe venres 19 de novembro foi o primeiro día de adestramento para Nico Rodríguez e Sergio Crespo na súa nova andadura na clase olímpica 49er, despois da acadar numerosos éxitos para a vela galega na clase 420. Manu Jiménez estivo no Centro Galego de Vela para axudar ós xóvenes promesas da vela galega nesta primeira aproximación a un barco tan técnico como o 49er.
Condicións perfectas en Vilagarcía para o estreo, mar plana e 10-12 nós de vento, Pepe Lis na neumática e Manu no barco rotándose con Nico e Sergio.
Caras de felicidade á chegada o Centro despois de experimentar as altas velocidades que acada o 49er.

BOA SORTE!!!!!

jueves, noviembre 11, 2010

CONFERENCIA VELA FEMININA

Centro Galego de Vela, Vilagarcía de Arousa.

Hola a todos!
La Federación Española de Vela junto con la Federación Gallega de Vela organiza una conferencia que se celebrará el próximo sábado 13 de noviembre en las instalaciones del Centro Galego de Vela en Vilagarcía.
Las ponentes de esta conferencia serán por una parte Sandra Azón, gran regatista a nivel olímpico y actualmente pertenece al equipo de regatas de la Federación Gallega en la categoría Match Race Femenino, que nos hablará de su vida como regatista y nos aportará su perspectiva de táctica en regatas. También contamos como ponente a Malen Ferrer, una jury que nos explicará reglamento y los apartados más importantes en casos concretos que nos encontramos en distintas situaciones en el agua.
Lo que hace diferente esta conferencia es que por la mañana tendrá lugar una práctica, donde aprovecharemos la experiencia de nuestras ponentes para ver en el agua situaciones, tripulaciones, como navegar en match y un montón de cosas más.
Os animamos a todos y todas a que vengáis y disfrutéis de un día navegando y conocer los secretos de grandes regatistas.
Para ello solamente tendréis que confirmar asistencia e indicarnos si deseáis que os facilitemos alojamiento en el centro y picnic en la siguiente dirección: comitefemenino@fgvela.com

CONCENTRACIÓNS 49er / Training Camps 49er



Esta semana chegaron ó Centro Galego de Vela dous equipos para preparar a tempada 2010-2011 cos regatistas do Liceo Casino de Vilagarcía Carlos e Antón Paz. Durante os meses de novembro e decembro, Vilagarcía será a Base de adestramentos para os seguintes equipos da clase olímpica 49er:

- Carlos e Antón Paz. Selección Galega Caixanova/Deporte Galego/Deputación de Pontevedra.
- Max e Moritz Rieger. Equipo Preolímpico Alemán.
- Yannick Lefebvre e Matthieu Janssens. Equipo Preolímpico Belga.

A finais de novembro desprazaránse a Vilagarcía de Arousa os irmáns Federico e Arturo Alonso, membros do Equipo Preolímpico Español, para adestrarse co resto do grupo durante unha semana.

Estas series de adestramentos contarán co adestrador de clases olímpicas da Federación Galega de Vela, Pepe Lis quen será o encargado de dirixir os adestramentos en terra e no auga. As novas incorporacións galegas á clase 49er Nicolás Rodríguez e Sergio Crespo, poderán observar en vivo as evolucións destes equipos punteiros da clase 49er.


This week arrived to the Galician Sailing Center two teams from Belgium and Germany to prepare the 2010-2011 season together with the local sailors Carlos and Antón Paz. During november and december Vilagarcía will be the training base for the 49er teams of:

- Carlos and Antón Paz, Galician Team Caixanova/Deporte Galego/Deputación de Pontevedra.
- Max and Moritz Rieger. German Sailing Team.
- Yannick Lefebvre and Matthieu Janssens. Belgian Sailing Team.

Last week of november will join Federico and Arturo Alonso, members of the Spanish Sailing Team for a 7 days training.

These trainings will be directed on land and in the water by Pepe Lis, olimpic classes coach of the Galician Sailing Federation. The brand new team of Nicolás Rodríguez and Sergio Crespo from Galicia, will experience live these winter trainings.

martes, septiembre 21, 2010

Campionato de España Clase Laser en Rianxo.

Hoxe comezaron as medicións no Campionato de España da Clase Laser Radial Open, mañá comezarán as probas ata ó sabado. Haberá unha gran afluencia de regatistas galegos nesta Proba Nacional.


Paxina Web do Campionato:
www.nauticorianxo.com


Para poder ver o albume das fotos do Campionato de España donado pola Secretaria da Clase Laser e o seguinte Link:
http://picasaweb.google.es/102202482602521267868/CAMPEONATODEESPANALASERRADIALRIANXO201002?feat=email#

jueves, septiembre 09, 2010

CAMPIONATO DE ESPAÑA F.W. E COPA DE ESPAÑA TECHNO 293




Dende o martes 7 de Setembro estase a realizar o Campionato de España da Clase Formula Windsurf, puntuable para o Ranking da Copa do Mundo; conta con regatistas de gran talla mundial, como pode se-lo caso de Ivan Pastor( regatista preolimpico español), como represantacion internacional temos ao equipo de Formula Portugues asimesmo representando a Brasil esta o 2º clasificado da Copa do Mundo Paulo dos Reis.
O martes pola tarde comenzaron as medicions da clase Formula Windsurf, que remataron o mercores, deseguido pola tarde comenzaron as medicions de Techno 293.
O mercores 8 estaba planificado facer 4 probas a partir das 12:00 para a Clase F.W., pero despois dunha larga espera a que se estabilizara o vento e houbese os nudos minimos para poder correr as probas, o Oficial Principal da regata tuvo unha acertada decision en sacar aos regatistas e poder asi facer unha proba, que en principio parecia dificilisimo que se poidese facer unha proba.

Xoves dia 9: Comenzou o dia cunha pinta desoladora, xa que non habia ni 3 nudos de vento.
As 12:00 aplazaronse as mangas ata as 15 horas, que era cando estaban programadas para a clase Techno293, que comezaron a regata con 30 minutos de retraso xa que non se entablou o vento, a regata de F.W. quedou aplazada hasta as 17:30.
A 1ª proba comezou as 15:30 cun vento do 320 variando ao 330 cunha intensidades entre 10 e 12 nudos.
As duas seguintes probas fixeranse cunha intensidade maior de vento e unha direccion bastante estable.
A clase F.W. comenzou as probas de este día as 17:30 cunha intensidades de 14 nudos e unha dirccion do 335-340, fixeronse 2 probas.

Venres 10: Mal dia para a F.W. xa que non se fixo ningunha proba, xa que a intensidade do vento nunca pasou de 9 nudos estables cunha direccion dende o 220 e 240.
Na clase Techno 293 fixeronse 3 probas nas que destacaron as grandes actuacions dos regatistas galegos do equipo Caixanova pertencentes ao Club Nautico de Cangas:Alejandro Doncel Garcia con dous primeiros e un 3º, mentres Tomas Vieito Cobian fixo un 5º. 2º e 1º; na clasificación xeral esta Tomas Vieito 1º con 7 puntos e Alejandro Doncel escalou ata a 2ª posición con 12 puntos, a 3ª plaza a ocupa Diego Escandel do Vela de Formentera

domingo, agosto 01, 2010

Semana Nautica de la Coruña


Gran final da II Concentración Nacional da clase Optimist acudindo a esta regata. Nesta regata houbo un nivel moi alto, habendo ata 5 regatistas que estiveron nos 15 primeiros no Campionato de España da clase Optimist.
Hoxe domingo dia 1 de Agosto esta todo por decidir estando os 4 primeiros moi pegados a puntos.
Pinche no enlace para seguir as notas de prensa oficiais da regata: http://www.rcncoruna.com/Noticias_SemanaNautica2010.htm