FEDERACIÓN GALEGA DE VELA

jueves, noviembre 25, 2010

FINALIZA O 1º SEMINARIO DE ADESTRADORES 2010.

Exemplo da Técnica de Facer Banda

Onte rematou o Seminario de Adestradores de Equipos de Regata de Galicia organizado pola Federación Galega de Vela no Centro Galego de Vilagarcía. Un total de 30 adestradores de 16 clubes galegos asistiron o curso, que foi repartido en 3 xornadas. A estructura do curso foi a seguinte:
- Mércores 10 Novembro: Pautas de Adestramentos.
- Mércores 17 Novembro: Pautas de Competición.
- Mércores 24 Novembro: Técnica e Posta a Punto clases estratéxicas.

O obxetivo principal do curso foi a posta en común de pautas de adestramento ( metodoloxía, sinais visuais e fónicas, estructura de adestramentos, medios materiais ), de competición ( metodoloxía, rutinas, etc.) e técnica e posta a punto do Optimist, Laser e 420.

O curso estivo impartido polo Equipo Técnico da FGV ( Alberto García, Pepe Lis e Jaime García) coa principal misión de preparar e contrastar cos adestradores dos clubes galegos unha estratexia común á hora de adestrar ós rapaces das distintas clases.

Tódolos adestradores coincidiron en que foron unhas xornadas moi productivas que terán continuidade ó longo do ano, tocando distintos aspectos da preparación dos deportistas ( táctica, regulamento, preparación física,etc.)

Moitas gracias a todos pola boa acollida do Seminario e contamos con todos vós para seguir a liña ascendente da Vela Galega.

Saúdos.
Equipo Técnico FGV.

viernes, noviembre 19, 2010

NICO E SERGIO ESTRÉANSE NO 49ER. MANU JIMÉNEZ AXUDA NO 1º DÍA.



Hoxe venres 19 de novembro foi o primeiro día de adestramento para Nico Rodríguez e Sergio Crespo na súa nova andadura na clase olímpica 49er, despois da acadar numerosos éxitos para a vela galega na clase 420. Manu Jiménez estivo no Centro Galego de Vela para axudar ós xóvenes promesas da vela galega nesta primeira aproximación a un barco tan técnico como o 49er.
Condicións perfectas en Vilagarcía para o estreo, mar plana e 10-12 nós de vento, Pepe Lis na neumática e Manu no barco rotándose con Nico e Sergio.
Caras de felicidade á chegada o Centro despois de experimentar as altas velocidades que acada o 49er.

BOA SORTE!!!!!

jueves, noviembre 11, 2010

CONFERENCIA VELA FEMININA

Centro Galego de Vela, Vilagarcía de Arousa.

Hola a todos!
La Federación Española de Vela junto con la Federación Gallega de Vela organiza una conferencia que se celebrará el próximo sábado 13 de noviembre en las instalaciones del Centro Galego de Vela en Vilagarcía.
Las ponentes de esta conferencia serán por una parte Sandra Azón, gran regatista a nivel olímpico y actualmente pertenece al equipo de regatas de la Federación Gallega en la categoría Match Race Femenino, que nos hablará de su vida como regatista y nos aportará su perspectiva de táctica en regatas. También contamos como ponente a Malen Ferrer, una jury que nos explicará reglamento y los apartados más importantes en casos concretos que nos encontramos en distintas situaciones en el agua.
Lo que hace diferente esta conferencia es que por la mañana tendrá lugar una práctica, donde aprovecharemos la experiencia de nuestras ponentes para ver en el agua situaciones, tripulaciones, como navegar en match y un montón de cosas más.
Os animamos a todos y todas a que vengáis y disfrutéis de un día navegando y conocer los secretos de grandes regatistas.
Para ello solamente tendréis que confirmar asistencia e indicarnos si deseáis que os facilitemos alojamiento en el centro y picnic en la siguiente dirección: comitefemenino@fgvela.com

CONCENTRACIÓNS 49er / Training Camps 49er



Esta semana chegaron ó Centro Galego de Vela dous equipos para preparar a tempada 2010-2011 cos regatistas do Liceo Casino de Vilagarcía Carlos e Antón Paz. Durante os meses de novembro e decembro, Vilagarcía será a Base de adestramentos para os seguintes equipos da clase olímpica 49er:

- Carlos e Antón Paz. Selección Galega Caixanova/Deporte Galego/Deputación de Pontevedra.
- Max e Moritz Rieger. Equipo Preolímpico Alemán.
- Yannick Lefebvre e Matthieu Janssens. Equipo Preolímpico Belga.

A finais de novembro desprazaránse a Vilagarcía de Arousa os irmáns Federico e Arturo Alonso, membros do Equipo Preolímpico Español, para adestrarse co resto do grupo durante unha semana.

Estas series de adestramentos contarán co adestrador de clases olímpicas da Federación Galega de Vela, Pepe Lis quen será o encargado de dirixir os adestramentos en terra e no auga. As novas incorporacións galegas á clase 49er Nicolás Rodríguez e Sergio Crespo, poderán observar en vivo as evolucións destes equipos punteiros da clase 49er.


This week arrived to the Galician Sailing Center two teams from Belgium and Germany to prepare the 2010-2011 season together with the local sailors Carlos and Antón Paz. During november and december Vilagarcía will be the training base for the 49er teams of:

- Carlos and Antón Paz, Galician Team Caixanova/Deporte Galego/Deputación de Pontevedra.
- Max and Moritz Rieger. German Sailing Team.
- Yannick Lefebvre and Matthieu Janssens. Belgian Sailing Team.

Last week of november will join Federico and Arturo Alonso, members of the Spanish Sailing Team for a 7 days training.

These trainings will be directed on land and in the water by Pepe Lis, olimpic classes coach of the Galician Sailing Federation. The brand new team of Nicolás Rodríguez and Sergio Crespo from Galicia, will experience live these winter trainings.